martes, 26 de abril de 2016

Exposición de Vicente Ruíz Soldevilla

"O olvido da memoria" é o título da próxima exposición do amigo e compañeiro de tertulia Vicente Ruíz Soldevilla.

De olvido e memoria estamos feitos, somos dese polvo. El cóntao moi ben... Lede:

sábado, 16 de abril de 2016

Unha nova exposición comisariada por Cristina Carballedo


Neste caso, trátase da exposición do colectivo Bacabú, constituído polos artistas  Sr Bordell, Santiago Catalán, Espiral, Honorio e Xermán Refojo.  Xuntos desde finais dos noventa, cunha sala de exposicións ás súas costas e os comezos na banda deseñada. Así os define Cristina: " Bordell destaca por un estilo definido e pasional, Santiago Catalán ten creado unha  elegante  iconografía propia  ao igual que Espiral, que utiliza o humor inspirándonse na arte dos 80, Honorio exprésase a través da escultura principalmente figurativa  deconstruíndo o cuerpo humano, unha figuración  que  envolta en nostalxia  atopamos na obra de Refojo".



viernes, 1 de abril de 2016

Arte nas tendas

Hoxe, camiñando pola Calderería atopei unha tenda de roupa de home (polo menos) na que había expostas obras de Camilo Otero, esculturas e debuxos. 
Non teño a foto que correspondería, tampouco lembro o seu nome (subindo á esquerda) pero animo a que a visitedes, polo menos o escaparate.
Porque este é unha maneira interesante de facer visible a arte, de levala a todo tipo de sitios, de facerlle un sitio nos escaparates... de lembrar a un dos nosos creadores.
Parabéns e a seguir!
PD.- Creo que a biografía que aparece nesta páxina non está correcta ¡que pena! Un home ao que a prensa galega matou uns anos antes de morrer e ao que esquecemos con moita facilidade a pesar de ter obras públicas na cidade como a Pasionaria diante da facultade de Económicas ou a parella atravesando o pórtico porta en San Caetano
Esta é a páxina que hai que visitar.