viernes, 28 de febrero de 2014

Un escultor, unha fotógrafa e Seara

Tres eran tres.

Luís de las Cuevas, adelagaza as súas figuras ata convertelas en verdadeiras imaxes case prehistoricas, esquemas puros que buscan o ceo do Greco.
Pilar Feás traballa coa fotografía, a imaxe a través doutro obxectivo máis alá do ollo, na busca dunha representación que se achega á pictórica.
Seara presenta na Virxe da Cerca, unha serigrafía que bebe no pop pero vai máis alá, que porta a elegancia coa que el agasalla as súas pezas. Unha obra que camña á par dun poema de Ajo. Magnífica a poesía e magnífico o gravado!

jueves, 27 de febrero de 2014

Da escultura á pintura.



Óscar Aldonza e os seus anxos caídos, os que recolle no intre mesmo do abismo, as femosas crituras que se perden para sempre. 
Nicolás González Aller coas pinturas que beben doutras civilizacións.
Santiago Catalán coas súas mulleres estilizadas e caricaturizadas, mulleres que ocupan as paredes mostrándose e rediseñádose.
Enrique Tenreiro recreándose a si mesmo e á súa arte. Da performance á madeira, do gravado ao óleo, sempre presente.
Buciños entre a estilización e o mestura de materiais imposibles. Elegancia nunhas pezas que saben dos grandes sentimentos.

martes, 25 de febrero de 2014

Catro pintores na exposición "Arte e palabra"

 
Simion Cracium ao que sempre lembramos, camiñando polas súas paisaxes. Índose entre as pinceladas-
Mila Vázquez pintando coas cores propias, aquelas que lle achegan unha personalidade distinta ao que vemos. Paisaxes urbanas que tiran pola verde e o azul, polo gris que nos fala dun mundo que non é doado, pero é.



Magalhaes, coas grandes pinceladas. Leandro Sánchez co hiperrealismo asomando a cabeza.

lunes, 24 de febrero de 2014

Un escultor e un pintor na exposición do Virxe da Cerca

 J. Méndez é dunha xeneración moi distinta á de Arturo Brea Pasín. Brea foisenos hai uns anos, desde A Coruña para o obradoiro do máis alá, o home que for adiscìpulo de Asorey e que levara o seu arte por Europa adiante volvera para quedarse.
Méndez é un compostelán de pura cepa que pouco tempo resiste sin pisar as pedras da súa cidade, por iso, un bo día trouxo o mar a Compostela, para non ter que botalo de menos, sen necesidade de saír da casa.
Os dous nunha exposición que é coral e diversa.

jueves, 20 de febrero de 2014

Arte + palabra

 A exposición arte e palabra sontinúa o seu devir.
Falabamos no post anterior de varios escultores, pero quedabanos por colocar unha obra de Alfonso Rivero de Aguilar, Camilo Seira ou Ramón Conde.
Camilo continúa coas figuras graníticas policromadas. O humor tamén ten a súa presenza, ademais do popular ou tradicional. Ramón Conde, achega obra volumétrica, pezas de gordos para unha cultura do réxime.
Hai que velos!

miércoles, 19 de febrero de 2014

Obras na exposición Arte e Palabra



As obras de Vicente Ruíz sempre teñen esa viveza; unha dose de orixinalidade e reto a si mesmo. Neste caso unha peza de maior tamaño representa a muller, noutras dúas máis pequenas son as bonecas da infancia, aquelas que se facían cos restos da costureira, as que aparecen creando volume. 
Carita Dubrovin trae unhas pezas que semellan feitas no obradoiro desa costureira, con primor e pasado, pasando fíos e dando puntadas; obras sinxelas pero coa profundidade da elegancia que transmite o pasado. Obars que nos preguntan...

martes, 18 de febrero de 2014

Continúa "Arte e palabras" no espazo Virxe da Cerca


 Aínda podemos pasar a ver a exposición dos artistas Faladoiro Pataca.
Nunca é tarde para botarlle unha mirada, e incluso, para mirar prezos.
Saímos ao xardín e atopamos as esculturas de Andreas Ruíz, Soledad Penalta, Alfonso Rivero de Aguilar, Ramón Conde e Camilo Seira.
No caso de Andreas, atoparemos unha cabeza de muller que nos chamará moito a atención, pois estamos máis acostumados ás obras do tipo da que aparece na imaxe. A cor é un puntazo!
Alfonso e Soledad, fieis ao seu estilo, mostran obras que atopan o seu espazo natural nos xardíns ou sobre unha mesa.
Unha pequena cata...