Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de noviembre de 2019

Ovos voandeiros


Ovos voandeiros ou Ovos illas desprazándose polos ceos
Se algún obxecto representa a pintura de Pitelos (ou J. Méndez) é o ovo como elemento presente na maioría das súas obras, case sinal de identidade. Por iso non nos estraña que titule esta última exposición Ovo voandeiro e que os poña a voar, porque xa antes nos trouxo o mar a Compostela na exposición Santiago marítimo.
El é de imposibles, ou máis ben de “surreais”, por iso nos obriga a ir ás orixes do surrealismo e lembrarnos de Broodthaers, de Breton, de Dalí ou de Magritte, porque todos eles falaron do ovo ou o representaron. E obríganos, tamén, a percorrer a súa obra, para confirmar esa presenza do ovo desde os anos 80 (segundo o que aparece na web) ata facerse protagonista na exposición Retratos con alegoría na que os artistas que eran retratados por Méndez debían entregarlle a escultura dun ovo. E continuou o ovo presentándose en cada lenzo e cada escultura, porque el é un home de símbolos e alegorías.
Agora, o ovo é unha illa. Cunqueiro falaranos de illas que se moven polo mar cambiando de coordenadas, Méndez pon as illas - ovo a voar como minúsculos planetas onde todo é posible, porque a illa é o territorio da utopía desde o principio da escrita.
Pitelos é un artista de oficio, traballador e imaxinativo. Con todas estas capacidades desenvolvidas en grao sumo e disposto a non aforrar, a non deixar unha idea para mañá, a gastalas todas nesa fogueira que é cada unha das súas mostras.

lunes, 22 de septiembre de 2014

Obras e artistas viaxan a Vilanova da Cerveira

                                                                                                      Invitación á exposición 
Na galeria Cortizo, da República das Artes, situou a comisaria Cristina Carballedo, a obra de varios artistas baixo o tema ” Atlanticos”.
Moi boas galerías dentro dun proxecto expositivo que recolle variedade e calidade. Un lugar a ter en conta dentro dunha vila que estaba de bienal e de feira, coas rúas engalanadas de crochet e a beira do río tomada polas jhaimas.
Portugal ben vale unha e un centor de visitas.
Grazas a Cristina por levarnos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!   

Arte a moreas en Vilanova da Cerveira

                                                                                                        Na imaxe a peza de Andreas
Cristina Carballedo ven de orga nizar unha expsoción de artistas galegos en Vilanova da Cerveira, República das Artes.
Una delas xira arredor do Rectángulo de Ouro ou canon, e nela participan Xaquín Chaves, Alvaro, Fernando Yañez, J. Méndez, Oscar Aldonza, Camilo Seira e Andreas Ruíz.
Un par de salas onde mostrar o bo facer de pintores e escultores.

viernes, 28 de febrero de 2014

Un escultor, unha fotógrafa e Seara

Tres eran tres.

Luís de las Cuevas, adelagaza as súas figuras ata convertelas en verdadeiras imaxes case prehistoricas, esquemas puros que buscan o ceo do Greco.
Pilar Feás traballa coa fotografía, a imaxe a través doutro obxectivo máis alá do ollo, na busca dunha representación que se achega á pictórica.
Seara presenta na Virxe da Cerca, unha serigrafía que bebe no pop pero vai máis alá, que porta a elegancia coa que el agasalla as súas pezas. Unha obra que camña á par dun poema de Ajo. Magnífica a poesía e magnífico o gravado!

jueves, 27 de febrero de 2014

Da escultura á pintura.



Óscar Aldonza e os seus anxos caídos, os que recolle no intre mesmo do abismo, as femosas crituras que se perden para sempre. 
Nicolás González Aller coas pinturas que beben doutras civilizacións.
Santiago Catalán coas súas mulleres estilizadas e caricaturizadas, mulleres que ocupan as paredes mostrándose e rediseñádose.
Enrique Tenreiro recreándose a si mesmo e á súa arte. Da performance á madeira, do gravado ao óleo, sempre presente.
Buciños entre a estilización e o mestura de materiais imposibles. Elegancia nunhas pezas que saben dos grandes sentimentos.

martes, 25 de febrero de 2014

Catro pintores na exposición "Arte e palabra"

 
Simion Cracium ao que sempre lembramos, camiñando polas súas paisaxes. Índose entre as pinceladas-
Mila Vázquez pintando coas cores propias, aquelas que lle achegan unha personalidade distinta ao que vemos. Paisaxes urbanas que tiran pola verde e o azul, polo gris que nos fala dun mundo que non é doado, pero é.



Magalhaes, coas grandes pinceladas. Leandro Sánchez co hiperrealismo asomando a cabeza.

lunes, 24 de febrero de 2014

Un escultor e un pintor na exposición do Virxe da Cerca

 J. Méndez é dunha xeneración moi distinta á de Arturo Brea Pasín. Brea foisenos hai uns anos, desde A Coruña para o obradoiro do máis alá, o home que for adiscìpulo de Asorey e que levara o seu arte por Europa adiante volvera para quedarse.
Méndez é un compostelán de pura cepa que pouco tempo resiste sin pisar as pedras da súa cidade, por iso, un bo día trouxo o mar a Compostela, para non ter que botalo de menos, sen necesidade de saír da casa.
Os dous nunha exposición que é coral e diversa.