lunes, 22 de septiembre de 2014

Obras e artistas viaxan a Vilanova da Cerveira

                                                                                                      Invitación á exposición 
Na galeria Cortizo, da República das Artes, situou a comisaria Cristina Carballedo, a obra de varios artistas baixo o tema ” Atlanticos”.
Moi boas galerías dentro dun proxecto expositivo que recolle variedade e calidade. Un lugar a ter en conta dentro dunha vila que estaba de bienal e de feira, coas rúas engalanadas de crochet e a beira do río tomada polas jhaimas.
Portugal ben vale unha e un centor de visitas.
Grazas a Cristina por levarnos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!   

Arte a moreas en Vilanova da Cerveira

                                                                                                        Na imaxe a peza de Andreas
Cristina Carballedo ven de orga nizar unha expsoción de artistas galegos en Vilanova da Cerveira, República das Artes.
Una delas xira arredor do Rectángulo de Ouro ou canon, e nela participan Xaquín Chaves, Alvaro, Fernando Yañez, J. Méndez, Oscar Aldonza, Camilo Seira e Andreas Ruíz.
Un par de salas onde mostrar o bo facer de pintores e escultores.

jueves, 18 de septiembre de 2014

Faladoiro do viño en setembro

No Pazo do Faramello, e no mes de vendima, realizarase esta exposición na que participan Vicente Ruíz, Carita Dubronin, Andreas Ruíz, Alfonso Rivero de Aguilar, Camilo Seira, J. Méndez, Ramón Conde, Pilar Feas e Simion Craciun.
O tema será o viño, as obras exporanse na adega do pazo e tomaremos un viño para animar a conversa e iluminar a mirada.
O Faramello é un lugar "amigo" do faladoiro ao que xa ten acudido noutra ocasión, tal como se recolle neste blog.

lunes, 8 de septiembre de 2014

Camilo Seira no Virxe da Cerca

Cristina Carballedo, dentro do seu proxecto expositivo en lugares emblemáticos, comisaria unha exposición na que pintura e escultura se complementan.
Polo lado das dúas dimensión, Lino Silva, un artista que leva tempo sen mostrar o seu traballo e ao que agardamos impacientemente.
Polo da tridimensiionalidade o compañeiro de tertulia, Camilo Seira, escultor en diferentes materiais, con obra pública e privada.
A partir do xoves, teremos moito que contar.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Nos balcóns, Ramón Conde


Na praza do Obradoiro, o punto cero de Galicia, ocupando balcóns do palacio de Raxoi e pazo de San Xerome, poder civil e universitario. E tamén en Praterías, nos balcóns do Museo das Peregrinacióne e a Casa do Cabido.
Segundo se recolle na información da prensa e no programa de man, xiran arredor do concepto do poder e a idea de que a forza e a superación son condicións decisivas para vivir. Na primeira das prazas reflictese o dominio da natureza, a capacidade de transformación e de dominio simbolizada poloa rquetipo de David e Goliat e perto outras figuras, a modo de garda pretoriana sometida; no Retoirado dúas esculturas mostran o estado de natureza do home libre.
Nas Praterías, no Museo das Peregrinacións está a imaxe do líder, exercendo o poder coa forza física e a persuasión que vemos a modo de superestrutura que o envolve e contén; no outro edificio catro personaxes escoitan o discurso.
Corpos masculinos,  que alguén quixo ver unicamente como desnudos, e non é que "puxera o grito no ceo" pero tentouno
 


martes, 2 de septiembre de 2014

Alfonso Rivero de Aguilar en Llanes

Alfonso Rivero de Aguilar traballa a pedra de Llanes, un material semiprecioso que ao ser pulido saca á luz unhas combinacións de formas e cores realmente fermosas.
En Llanes mostráronse as súas pezas que saíran como pedras para volver convertidas en obras.
Enlace á noticia na web do concello e á súa páxina.