miércoles, 19 de febrero de 2014

Obras na exposición Arte e Palabra



As obras de Vicente Ruíz sempre teñen esa viveza; unha dose de orixinalidade e reto a si mesmo. Neste caso unha peza de maior tamaño representa a muller, noutras dúas máis pequenas son as bonecas da infancia, aquelas que se facían cos restos da costureira, as que aparecen creando volume. 
Carita Dubrovin trae unhas pezas que semellan feitas no obradoiro desa costureira, con primor e pasado, pasando fíos e dando puntadas; obras sinxelas pero coa profundidade da elegancia que transmite o pasado. Obars que nos preguntan...

No hay comentarios:

Publicar un comentario