martes, 9 de abril de 2013

Méndez en Fonseca


Está a chegar o día X.
O próximo xoves, ás 20 horas, será a estrea.
Méndez mostrará as súas ALEGORÍAS e @s visitantes veremos e leremos.
Pegado ao libro e á literatura, tocando no mundo clásico, a exposición ha de dar que falar ¡e moito!
Pinturas de gran formato e ovos, os ovos primixenios, recreados por cada un dos representados que responden así á chamada de J.
Onte trouxéranos o mar a Compostela e mirámonos bañando nas praias de Belvís ou da Rúa Nova, agora verémolos convertid@s en simboloxía pura.
O xoves con Méndez en Fonseca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario