lunes, 20 de mayo de 2013

PRESENTANDO PEZAS: ANDREAS T. RUÍZ



Andreas quixera pasar desapercibido. Fai pouco barullo. Non fala das súas exposicións.
Vai e ven, pero está sempre. Para os novos e os vellos, para os máis modernos e os tradicionais, para atender aos que fuman e aos que beben, para dar conversa ou calar...
Como no anuncio... fronte a el  estamos todos e todas, sentíndonos atendidos.  Algún día haberá que falar do descubrimento de Andreas, como representante dunha xeración con todos os valores desa e da outra. Neste caso, non. Agora miraremos unha peza e diremos...
Con cemento armado ou pacífico, con calquera material por pouco digno que semelle, constrúe Andreas o seu mundo. Un imaxinario que podería situarse na imaxinería industrial, con pezas absolutamente abstractas ou xeométricas, tal como lle vai ao compañeiro do ladrillo. Cemento e ladrillo semellan parella de feito, e dereito, fronte á pedra e barro da construción anterior; falamos de arquitectura. E se falaramos de escultura... considerariamolo materia prima pouco noble ou simplemente apto para certas iconas?
Certamente non estariamos pensando nas de Andreas. El traballa o cemento e descúbreo duro, pouco familiar, frío... así que decide traballar nel, pintar imaxes, liñas, rasgos a modo de garabato sobre obras anteriores, "coma nun lenzo" comentaba alguén. Faino en branco, para sinalar o que non se vería sobre o gris, para alinear -non no sentido recto senón de porlle límites ao volume coa liña-, pero sobre todo, introduce na obra un algo infantil e tierno na dureza da materia, e tamén, un algo de misterio na ausencia de expresión. 
Ese neno, con xersei de rombos (seguramente calcetado por unhas mans amorosas)   

No hay comentarios:

Publicar un comentario