jueves, 16 de mayo de 2013

PRESENTANDO PEZAS: ALFONSO RIVERO DE AGUILAR


Foi algo que xurdiu ao paso, falando con Andreas Ruiz ao final do último faladoiro.
E agora poñémonos á tarefa... sería algo así como unha nova versión de "A miña peza favorita", de forma que puderamos facer presente o obra dos artistas que forman parte da tertulia.
Comezamos con Alfonso e estas pezas que estivetron presentes no xardín do Virxe da Cerca.
Un ou unha de nós comeza o comentario e outros/as poderán continualo en "comentarios"

"Cabezas na pedra", poderiamos titular estas pezas que semellan mirarse.
Nacen da pedra.
É o mineral o que dirixe os ollos e o pensamento, para ir definindo as liñas e creando as formas.
O material xeolóxico conduce a ferramenta e o artiste atende esas instrucións. Aí está o seu valor: en saber ler na pedra, en atender os seus susurros, en permitir que ela lle dite os camiños para dar forma ao informe.
Alfonso traballa polo pracer de facelo, por escoitar a pedra e amasar a rocha, por crear beleza onde había natureza... Vemos as súas obras e acuden os versos do poeta "Eu amo as minerais entrañas do meu eido", e ábrese unha seguranza: Alfonso ama os materiais cos que traballa, sénteos dignos e trátaos con dignidade.
Que siga facéndoo, e nós que o vexamos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario