miércoles, 5 de junio de 2013

O FARAMELLO




O día 4 de Xuño, que tendo en conta o clima da tarde podería considerarse unha tregua ó longo inverno, os faladores mais vocacionais ,facéndose receptores da xenerosa invitación dos Rivera de Aguilar, visitaron o Pazo de Faramello. Lugar insólito, xardín umbrío, pedra , auga, camiño e bosque. Ilustrou a visita Gonzalo (genius loci), que explicou a esencia do "locus".
Unha xoia, paisaxística, arquitectónica, histórica.
Un bo día regado cun fresco viño do Bierzo, e unha mesa ben servida.

Haberá que volver algún día,digo eu.














1 comentario:

  1. As fotos nas que "reina" o verde, dan unha idea do que é o lugar. Pero non poden recoller o son da auga que nos acompañou todo o tempo e a sensación de estar nun lugar "único" (dos que aínda non foron contaminados polos pasos dos bárbaros, daqueles que se conservaron coma "bela durminte" a través dos séculos.
    Hai que agradecerlle a quen o gardou (ese patrimonio virxe) e a quen nolo mostrou (a súa xenerosidade).

    ResponderEliminar