jueves, 4 de julio de 2013

Visita á R.A.C.


Un martes do mes de xuño viaxamos a Pontevedra para visitar a Fundación RAC (Rosón Arte Contemporáneo).
Vicente foi o artífice deste faladoiro que nos conduciu ata as inmediacións do Museo de Pontevedra.
Fixemos un percorrido pola Fundación da man do seu presidente que nos atendiu con hospitalidade e paciencia. Ao tempo ía comentándonos as residencias de artistas de máis alá das fronteiras para interactuar co espazo da Fundación, a cidade e o país. Aínda que se estaba a recoller a última exposición, pudemos aproveitar para ver o que quedaba, para anticipar a próxima, para observar un espazo realmente motivador (magnífico o espacio a modo de "doble espazo", polo que entra luz e palmera para ver desde abaixo e pezas cando estás arriba; a escaleira de acero corten que era unha verdadeira artistade de deseño e realización, o patio sobre un xardín do que o que menos importa é o propietario...) e unha colección moi interesante, para discutir e escoller, para falar e mirar.
Un faladoiro diferente que rematou arredor dunha mesa, que sempre tentamos redonda (como a de Arturo) aínda que ás veces se converta en elioidal ou rectangular.
Escoitándonos e opinando, falando de arte e de vida pasan as horas sen sentir, pero cosendo os afectos entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario