jueves, 6 de marzo de 2014

OS DO PATACA E O ENTROIDO



O martes de entroido houbo disfraces.
Uns de monxas (un tanto irreverentes), outras de xitanas rumanas chegadas por internet, piratas con calaveras e mandos militares doutros tempos, alguén se disfrazou de fillo e outro de vello labrego con cara de neno, houbo un "chulito" de mafioso axitanado con gafas de sol para a noite, do norte chegounos unha moza con atuendo de aviadora e das proximidades un exhibicionista que tiña moi pouquiño que ensinar. Todos, eles e elas, percorreron a noite mostrando a arte da performance e outras elaboradas con bosta e palla.
E algún deles segue co disfraz posto, porque se trata dunha intervención permanente.
(Para a próxima vez, teremos que facer unha "quedada" para que os tímidos... se atrevan)

No hay comentarios:

Publicar un comentario