Mostrando entradas con la etiqueta conferencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conferencias. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de octubre de 2016

Un faladoiro de calidade. Unha ocasión para compartir saber e estar

                                                            Un momento da charla
O pasado xoves, 29 de setembro, por iniciativa de Alfonso e Marisina realizouse un faladoiro moi especial.
Especial, en todos os sentidos. Por un lado convidáronnos á súa casa... o tempo aínda permite una tarde noite de horta e palabras. Por outra banda, convidaron a un amigo, Manuel Lara de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial) para que nos acompañara informándonos das actividades que realizan, do inventario que van elaborando, das publicacións e gravacións, dos traballos e dos días desta empresa de voluntariado e coñecemento. É un luxo ver que alguén se dedica a defender ese patrimonio que como alguén (creo que era Cristina) apuntaba, como se parece máis ao vello que ao antigo, non é obxecto da atención que merece.
Luxo foi asistir a una sesión na que escoitamos, falamos, disfrutamos do lugar e gozamos coa maravillosa comida e bebida que nos ofreceron. Así son os amigos, aliméntannos o espírito e o corpo. E o mellor, como sempre, compartir.

miércoles, 5 de marzo de 2014

Conferencias e exposicións

A segunda das conferencias foi impartida polo responsable do servizo de Arqueoloxía, Eugenio Rodríguez Puente, e a última sobre a arte románica en Galicia, foi presentada por representantes da asociación O sorriso de Daniel.
Unha asociación que ademais de estudar e difundir a arte románica a través de publicacións e xeiras, realiza intervencións de defensa e restauración (limpeza) dalgunha das igrexas e mosteiros  para evitar o seu deterioro e posibilitar a visita. 
Unha asociación (cultural do patrimonio galego) a ter moi en conta. Non esquecer: O sorriso de Daniel, ogallá sigan a rir por moito tempo!

martes, 4 de marzo de 2014

Exposicións que dan pé a conferencias

Os pasados martes de xaneiro e febreiro, no hotel Virxe da Cerca tiveron lugar unhas charlas que acompañaron a exposición "Arte e palabra".
A primeira delas correu a cargo de Pedro de Llano sobre a arquitectura popular en Galicia. Unha vez máis, os asistentes recoñeceron as posibilidades do Proxecto Terra para educar no respeto ao patrimonio e a defensa do propio.
O ocnferenciante foi introducido por Vicente Ruíz que, tamén, mantivo e coordinou o coloquio.