Pataka 24 de Mayo de 2016.
miércoles, 25 de mayo de 2016
jueves, 12 de mayo de 2016
Expo solidaria
O venres 13, ás 20 horas no Coliseo Noela (Noia), inaugurarase unha exposición solidaria, organizada por Cristina Carballedo a beneficio da Asociación A Creba e na que participarán moitos dos compañeiros da tertulia: Ramón Conde, Alfonso Rivero de Aguilar, Vicente Ruíz, Camilo Seira, Andreas Ruíz, J. Méndez,... e outros que nos acomapañan con asiduidade como Jorge Agra e Veiras Manteiga.
Esta asociación, fundada en 1994 por iniciativa dun grupo de profesionais e familiares de persoas afectadas por enfemidades mentais, conta no seu haber con recoñecementos como o premio da Fundación Luís Tilve.
Esta
exposición permanecerá no Coliseo Noela ata o 17 de xuño, en
horario de luns a vernes de 18.30 a 21 e o sabado de 12.30 a 14
horas.
Etiquetas:
Exposicións,
Faladores do Pataca,
Solidariedade
martes, 26 de abril de 2016
Exposición de Vicente Ruíz Soldevilla
"O olvido da memoria" é o título da próxima exposición do amigo e compañeiro de tertulia Vicente Ruíz Soldevilla.
De olvido e memoria estamos feitos, somos dese polvo. El cóntao moi ben... Lede:
De olvido e memoria estamos feitos, somos dese polvo. El cóntao moi ben... Lede:
"La memoria es una facultad que le permite al ser humano retener y recordar hechos pasados.
No sé que sucede cuando morimos : Ni me preocupa mi me importa.
Allen Ginsberg dijo:
Este es el único firmamento.
Por lo tanto es el mundo absoluto.
No hay otro mundo.
El círculo está completo.
Estoy viviendo en la Eternidad.
Los caminos de este mundo
son los caminos del Cielo.
“Vivimos” aun después de desaparecer mientras permanecemos en la memoria de otros.
A algunos se les recuerda un poquito, y otros tienen el mérito de convertirse en memoria histórica.
Hay desgraciados, que terminan en mercadillos de pulgas en forma de viejas imágenes. Ya nadie sabe quienes fueron, se convirtieron en niebla. Murieron para siempre.
La intencionalidad de esta revuelta exposición, es la rendir culto a la memoria.
Encontré viejas fotografías de unas cuantas personas que fueron, olvidadas en un rincón de un rastro de una vieja ciudad muy lejana. Allí, anónimas , perdidas sus huellas para la eternidad.
Intenté recobrarlas, plasmándolas en usados sacos de café, interpretando su recuerdo, haciéndolas familiares, como un homenaje a vidas que hicieron cotidianas las estaciones del alma."
Las cosas perdidas, inútiles también son aprovechadas para darles nueva vida: Las cenizas de mi chimenea, el polvo de lo que fué mármol, latas herrumbrosas de aparcamientos, telas desechadas, objetos inservibles.
Todo, quizás es un vano intento de preservar la memoria.
sábado, 16 de abril de 2016
Unha nova exposición comisariada por Cristina Carballedo
Neste caso, trátase da exposición do colectivo Bacabú, constituído polos artistas Sr Bordell, Santiago Catalán, Espiral, Honorio e Xermán Refojo. Xuntos desde finais dos noventa, cunha sala de exposicións ás súas costas e os comezos na banda deseñada. Así os define Cristina: " Bordell destaca por un estilo definido e pasional, Santiago Catalán ten creado unha elegante iconografía propia ao igual que Espiral, que utiliza o humor inspirándonse na arte dos 80, Honorio exprésase a través da escultura principalmente figurativa deconstruíndo o cuerpo humano, unha figuración que envolta en nostalxia atopamos na obra de Refojo".
viernes, 1 de abril de 2016
Arte nas tendas
Hoxe, camiñando pola Calderería atopei unha tenda de roupa de home (polo menos) na que había expostas obras de Camilo Otero, esculturas e debuxos.
Non teño a foto que correspondería, tampouco lembro o seu nome (subindo á esquerda) pero animo a que a visitedes, polo menos o escaparate.
Porque este é unha maneira interesante de facer visible a arte, de levala a todo tipo de sitios, de facerlle un sitio nos escaparates... de lembrar a un dos nosos creadores.
Parabéns e a seguir!
PD.- Creo que a biografía que aparece nesta páxina non está correcta ¡que pena! Un home ao que a prensa galega matou uns anos antes de morrer e ao que esquecemos con moita facilidade a pesar de ter obras públicas na cidade como a Pasionaria diante da facultade de Económicas ou a parella atravesando o pórtico porta en San Caetano
Esta é a páxina que hai que visitar.
martes, 8 de marzo de 2016
De cocido, no Pataca
Hai uns días... xuntamonos para comer.
Estaba Adriana, o noso violín. Con ela pudemos comentar a exposición que conmemora os vinte anos da Real Filarmonía de Galicia que se pode visitar no Auditorio de Galicia e na Casa do Cabildo. Hai que velas!
Camilo e Andreas que chegaban de ARCO con ideas a cabeciña chea de contemporaneidade.
Cristina con todas as súas exposicións en marcha.
Alfonso e Marisina, Méndez e Veiras falando do que se traen entre mans... Botamos de menos a Vicente, Karita e Ramón, que andaban por outros lados.
Agardámosvos pronto!
Imos xuntando fame!
Xa nos tardades...
O cocido estaba moi bo, tiña o sabor de sempre das cousas de sempre que nunca se perden, e tiña PATACAS.
lunes, 22 de febrero de 2016
O día a día
As rutinas, o devalar dos días, o tempo que corre... e o blog que non se actualiza.
Tentaremos volver a el, igual que ás tertulias, igual que aos encontros.
Que andamos a facer?
Cristina, a nosa comisaria de cabeceira non para de realizar exposicións no Espazo Virxe da Cerca; neste momento con Joaquín García Gesto e Violeta Bernardo. Pinturas e cerámicas, acompañándose. Unha boa ecuación: o barro e o óleo.
Unha visita obrigada porque non vai defraudar.
Máis información.
Etiquetas:
Cristina Carballedo,
Exposicións
lunes, 5 de octubre de 2015
Tertulian@s
Obras de (por orden): Alfonso Rivero, Andreas Ruiz, Camilo Seira, Carita Dubrovin, Mendez, Pilar Feás, Ramón Conde.
domingo, 4 de octubre de 2015
{ IN MEMORIAN }
PILAR SAMPEDRO
Comedores de patacas. Cultivadores de patacas. Faladores do Pataca.
Hai algún tempo, cando se puxo enfermo Juan, o rexente do Pataca, os amigos quixemos facerlle unha homenaxe. O faladoiro do Pataca, do que forman parte Cristina Carballedo, Vicente Ruiz Soldevila, Andreas Ruiz, Camilo Seira, Nina, Ramón Conde, Alfonso Rivero de Aguilar, Marisina, J. Méndez, Pilar Feas, Carita Dubrovin, Loquis... e que se reúne neste local un martes de cada mes, desexaron agasallalo entregándolle cadansúa obra persoal e Pilar Sampedro leu este pequeno texto, que agora se publica en memoria de Juan e de Cachucho, o amigo que se adiantou para agardalo do outro lado.
nO PAÍS DAS PATACAS hai unha taberna; o seu nome oficial é Bar Negreira. Aparece este nome, adornado pola concha e a cruz de Santiago, no letreiro que o anuncia, pero é coñecida internacionalmente polo Pataca. Pataca, porque co viño acompañan uns anacos grandes de enormes patacas, cortadas en prismas, cunha cor amarela de guiso e sabor tan marabilloso coma as laranxas que Cunqueiro poñía nas mans de Sinbad.
A taberna rexéntaa Juan, que volveu do mar para situarse na barra, e atender a parroquia mentres o balancean as ondas do mar do tempo. Juan actúa como se a taberna fose un buque e os seareiros mariñeiros; recíbenos, fala con todos, diríxenos dun lado para outro, de proa a popa e de babor a estribor, porque sabe que a xente de terra somos un tanto torpes cando nos sitúan no mar océano. Fainos falta Juan para darnos conversa e acollida, para sentir que formamos parte desa gran familia que é o Negreira– Pataca e ter un lugar onde abeirarnos. Porque iso son as tabernas: refuxios, lugares de encontro, templos laicos nos que os homes e as mulleres van a a atoparse coas mulleres e os homes, seguindo unha vella crenza acerca da necesidade de compartir entre iguais desde o viño á conversa, das miradas ás patacas, do brinde ao saúdo, da mesa á despedida. A taberna é unha igrexa sen deuses na que comemos e bebemos, pero sobre todo, falamos, ata o punto de comer as palabras coas patacas... Unha de palabras con patacas, outra de patacas con palabras. Vai!
Está ben compartir o tempo do Pataca. Atoparnos e falar, saudar aos que chegaron e agardar polos que cheguen. Unha vez estaban dous homes nunha taberna, xa eran horas de pechar e fóra chovía; de vez en cando un deles saía á porta e estendía a man para ver se escampara, pero seguía chovendo monotonamente (como cando chove despois de chover -que dicía Rivas-) e o outro rosmaba: “¡tranquilo, estamos en casa cuberta!”. O taberneiro ía canso deles e da chuvia, do longo día ao pé do mostrador e da pachorra dos que podían quedar toda a vida agardando a que escampara... Contaba o sucedido meu avó, que era o taberneiro, e repetía a frase “estamos en casa cuberta” en calquera situación de cachaza excesiva; e eu sempre pensei que aí estaba o misterio, nese instante eterno, nesa xente que se senta a agardar que escampe...
Nós estamos en casa cuberta, cando chove, e en casa amiga, sempre. Nun bar onde a tapa é familiar e básica, coma os taberneiros que nola serven. Nós, que non saberíamos alimentarnos sen balocas... ¡que nos falte de todo, menos patacas, que son compango e compañía, que se algunha vez houbo maná eran pataquiñas voadoras que alimentaban a un pobo que atravesaba o deserto.
Estes días, andamos un tanto preocupados; os parroquianos temos medo de que Juan deixe de atendernos. Os mareantes, coma el, nunca deixan de selo e sóbense a calquera nave cando un día, sen saber como, pasa polo porto. A culpa é toda de J. Méndez que se empeñou en traer o mar a Compostela; antes, o único peirao que tiñamos era o café Muelle, onde acostumabamos a almorzar churros quentes, pero agora poden pasar naos a calquera hora...
O faladoiro do Pataca conversa de arte, pero sobre todo cose o patchwork que nos cubre e que poñemos a disposición doutros que queiran gorecerse e dar puntadas. Así seguimos, Juan, cosendo minutos que se fan horas, e afectos que se converten en amizade.
Coma un faro, o Pataca sitúase nun cabo, nunha esquina, e alumea para que non perdamos o rumbo. A taberna é a cova do Paleolítico, o porto de abrigo do Fin do Mundo. Juan, tamén a ti queremos coserche con estes fíos para que saibas que petaremos na porta, empuxaremos o pórtico do Pataca e atoparémonos, aínda que sexa... mar por medio e nubes no ceo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)