martes, 5 de diciembre de 2017

Camilo Seira na Virxe da Cerca

Zoo antropomorfo é o título da exposición que Camilo comparte con Rafael Romero Masiá.
Camilo, canteiro e escultor, home da escola de arte e oficios, da escola de cantería e da de Belas Artes, retoma aqueles temas que lle son propios, os da terra Terra da que falaban as Irmandades da Fala. 
A pedra policromada -como fixeran no noso románico- non ten cabida neste exposición na que traballa cun único material: a madeira. Inda así, sempre hai que facer unha referencia a ela, a pedra, onde continúa a ser único.
A madeira, non pulimentada, semella ser un material querido despois de Leiro; Álvaro de la Vega ou Lomarti, Canicouva ou Victor Lorenzo trabállana, cada un co seu estilo pero cunha base común. Camilo Seira está aí, usándoa igual que fai co aluminio, aproveitándoa para realizar unha obra propia na que se repiten temáticas e que sempre acabamos por recoñecer. Un certo primitivismo atravesa agora o continente para situarnos fronte a fronte co gran tótem da nosa cultura: o porco, a matanza coma festa maior e cotiá.
Naquel festival de Nunca máis no que actuaba xente coma Paco Ibáñez, un xovencísimo Daniel Salgado recitou un poema que merecía ser haiku, pola cortedade e contundencia: 
"Galicia caníval
Comemor porco
Votamos Fraga"
Pois si, madeira pintada cunha única cor,  vermello do sangue, do interior do corpo. 
Porque o porco confúndese co home que o carga, e o seu corte ten moito que ver co sexo feminino. 
Unha obra para ver e pensar, porque Camilo dá de pensar.

lunes, 13 de febrero de 2017

Vicente no Liceo de Noia

Nestes días, a mostra Mesturas de Vicente, pode verse na Sala de exposicións do Liceo de Noia.
A noite da inauguración foi das de aviso amarelo. Unha viaxe dura que non permitiu que se desprazaran todos os amigos que tiñan pensado facelo; aínda así, alí estivemos vendo o ben que quedaran as pezas colocadas nas paredes, nas vitrinas, nos pedestais... que de todo había.
Mesturas, porque é moita a variedade, a diversidade de pezas, a multiplicidade de obras. Mesturas porque a unidade da exposición non a daba nin a técnica utilizada (había esculturas, pinturas, relevos de todo tipo, ready made...) nin tampouco a temática; en realidade, o que as englobaba era o relato que Vicente teceu con todas as pezas e series.
Mesturas porque o bo é iso, a mestura de xentes e culturas, a mestura de países e linguas... aínda que non sei o que podería dicir disto o omnipresente recén estreado presidente de USA.


jueves, 5 de enero de 2017

MÍTICOS NO LEITO.Unha exposición de J. Méndez


J. Méndez expón, de novo, no Museo do Pobo Galego.
A súa é unha exposición de xentes da escena e arredor dun motivo: os mitos. Volvemos sempre a eses mitos do mundo clásico, agora representados por famosos.
Un gran cadro de "posado", un retrato (para entregar ao modelo) e unha serie de bosquexos (que, neste caso se mostran na galería de Luísa Pita).
Neste enlace podemos acceder a esa galería de míticos no leito.

sábado, 1 de octubre de 2016

Un faladoiro de calidade. Unha ocasión para compartir saber e estar

                                                            Un momento da charla
O pasado xoves, 29 de setembro, por iniciativa de Alfonso e Marisina realizouse un faladoiro moi especial.
Especial, en todos os sentidos. Por un lado convidáronnos á súa casa... o tempo aínda permite una tarde noite de horta e palabras. Por outra banda, convidaron a un amigo, Manuel Lara de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial) para que nos acompañara informándonos das actividades que realizan, do inventario que van elaborando, das publicacións e gravacións, dos traballos e dos días desta empresa de voluntariado e coñecemento. É un luxo ver que alguén se dedica a defender ese patrimonio que como alguén (creo que era Cristina) apuntaba, como se parece máis ao vello que ao antigo, non é obxecto da atención que merece.
Luxo foi asistir a una sesión na que escoitamos, falamos, disfrutamos do lugar e gozamos coa maravillosa comida e bebida que nos ofreceron. Así son os amigos, aliméntannos o espírito e o corpo. E o mellor, como sempre, compartir.

jueves, 4 de agosto de 2016

Faladoiro solidario

Resultado de imagen de EXPOSICIÓN A CREBA + SUMARTE
A exposición anterior de Cristina Carballedo tivo lugar en Noia, no Coliseo Noela, a favor da asociación de familiares de enfermos mentais A Creba.
Como sempre, os artistas do faladoiro participaron achegando o seu gran de area a este proxecto de apoio e axuda. Como sempre, Cristina Carballedo, achegou o seu traballo, os demais disfrutamos das obras e do espazo.  
E lembramos que o Coliseo Noela, na súa versión actual, foi posible grazas á labor de Avilés de Tarmancos á fronte da concellalía de cultura de Noia, no goberno de Pastor Alonso, aquel do que se foron baixando todos os que puideron e no que el debeu seguir para levar a termo o proxecto cultural. Deberiamos estar sempre agradecidos... aínda que a memoria é débil e o desagradecemento unha tónica xeral.

domingo, 31 de julio de 2016

Exposición do quinto aniversario


O mércoles 20 de xullo de 2016 inaugurouse  nos espacios de arte do Hotel Virxe da Cerca unha exposición colectiva do quinto aniversario  deste proyecto,  sumarte proyecto expositivo, dirixido por Cristina Carballedo,  un proxecto que comezou hai cinco años nestes espazos coa exposición de Masia y Alfonso Rivero de Aguilar  no Hotel Virxe da Cerca y Luis de las Cuevas na terraza Porta Faxeira, así como a exposición El terno desnudo no pazo de Lestrove.
Ao longo destes anos unha programación estable falou do bo facer da labor de Cristina, con máis de 50 artistas de consolidada traxectoria, froito do convenio entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicións, creando bneste edificio do século XVIII  antiga  residencia de xesuítas, un itinerario artístico de pintura e escultura.También se han organizado tertulias y un ciclo de conferencias dentro de las exposiciones, tal como poden verse no seguinte enlace: Exposicións.
Agora podemos atopar as obras dos terrtulianos entre outros artistas.
Parabenicémonos polo traballo de Cristina e polas obras de todos e cada un dos compañeiros de faladoiro. 

jueves, 26 de mayo de 2016

Exposición Simion Craciun na cidade de Tulcea (Rumanía)

Unha exposición antolóxica.
Un motivo para lembrar.
Unha trampa ao olvido (que diría Vicente).
Unha reivindicación da memoria do artista compañeiro do Pataka.
Gústanos volver a encontrarnos coa súa arte. Gustaranos escoitar a Adriana contándonolo todo. Ata entón!





jueves, 12 de mayo de 2016

Expo solidaria

O venres 13, ás 20 horas no Coliseo Noela (Noia), inaugurarase unha exposición solidaria, organizada por Cristina Carballedo a beneficio da Asociación A Creba e na que participarán moitos dos compañeiros da tertulia: Ramón Conde, Alfonso Rivero de Aguilar, Vicente Ruíz, Camilo Seira, Andreas Ruíz, J. Méndez,... e outros que nos acomapañan con asiduidade como Jorge Agra e Veiras Manteiga.
Esta asociación, fundada en 1994 por iniciativa dun grupo de profesionais e familiares de persoas afectadas por enfemidades mentais, conta no seu haber con recoñecementos como o premio da Fundación Luís Tilve.
Esta exposición permanecerá no Coliseo Noela ata o 17 de xuño,  en horario de luns a  vernes  de 18.30 a 21 e o sabado de 12.30 a 14 horas.

martes, 26 de abril de 2016

Exposición de Vicente Ruíz Soldevilla

"O olvido da memoria" é o título da próxima exposición do amigo e compañeiro de tertulia Vicente Ruíz Soldevilla.

De olvido e memoria estamos feitos, somos dese polvo. El cóntao moi ben... Lede: