lunes, 6 de mayo de 2013

Camilo en Arzúa


O pasado venres, tivo lugar a inauguración da exposición de Camilo Seira na capela da Madanela en Arzúa.
Un lugar especial, unha capela cos seus restos de retablo pétreo, coas pegadas de cor que case se adiviñan sobre a pedra, cos sepulcros de nobres, as pías de auga bendita e as inscripcións...
Unha capela que é arte e destinada á arte. Neste caso, as esculturas de Camilo Seira.
Pedra e madeira policromada, e algo de escultura realizada con bosta (coa cor propia). 
Houbo tertulia en Arzúa e xirou arredor dos materiais fundamentais e os que son accidentais, do lado maternal dun artista e de mil cousas máis. Falouse de arte e ben falado quedou!   
Eu sigo, erre que erre, pensando que o esencial está nas raíces, interpretadas coa man e a experiencia propia, dándolle nova vida pero furgando ata o fondo ata onde se poida chegar, e a través desa interpretación chegarán os tempos e as correntes, a sensibilidade e o estilo. Da aldea ao mundo, sendo quen somos... non hai mellor maneira de chegar (ao meu entender).

No hay comentarios:

Publicar un comentario