martes, 7 de mayo de 2013

Na memoria de SIMION CRACIUN


hotel Virxe da Cerca acolle as derradeiras obras de Simion.
Paisaxes suaves nas que a gama de cores se envolve en si mesma.
Paisaxes vistas a través dunha lente que as suaviza, cos ocres enseñoreando o territorio.
Flores, flores, flores... sobre o lenzo.
A delicadeza dos pétalos, a natureza próxima, a sutileza dunha ponla... 
A elegante lentitude e o silencio que envolvían ao artista e agora nos aparecen transmitidos a través das imaxes.    
Soaban os instrumentos mentres caía a chuvia. O silencio falaba por si mesmo. A través dos cristais -como bagoas- caía a auga lavando o mundo, o xardín familiar e, ao lonxe, Belvís coma un soño que non debe tocarse.
Víamos o verde vestindo os intersticios das vellas construcións. Escoitabamos as cordas lamentándose.
Grazas a Adriana e Cristina, ás músicas e aos amigos!

1 comentario: