viernes, 19 de diciembre de 2014
viernes, 14 de noviembre de 2014
Pataca solidaria
Os artistas do Faladoiro Pataca están expoñendo as súas obras no Hotel Virxe da Cerca, entre o 6 e o 16 de novembro. Trátase dunha exposición solidaria pois unha parte das vendas irá destinada a unha asociación benéfica. A exposición está comisariada por Cristina Carballeda.
Aí están as obras de Vicente Ruíz Soldevilla, Alfonso Rivero de Aguilar, Andreas Ruíz, J. Méndez e Camilo Seira.
Solidariedade e arte semellan ir unidas e iso está ben; o que non o está... é que as outras profesións perderan ese vínculo.
Etiquetas:
Exposicións,
Faladores do Pataca
viernes, 31 de octubre de 2014
Por Narla... andan os bocetos de "retratos con alegoría" de J. Méndez
Na fortaleza de Narla, rodeados de antigüidades e entre os muros medievais, están os bocetos que J. Méndez realizara para a exposición Retratos con alegoría. Unha nova ocasión para velos.
Á beira da torre, fixándose ben, vese unha velliña que vende que vende cestos de corres. Non é que estean moi ben feitos, non é que sexa un produto perfeecto, non, pero é necesario mercarllos (incluso regateando, se se quere) para que contnúe a facelos.
Así é a historia, a dos mitos clásicos e a dos habitantes dun mundo que anda a desaparecer.
martes, 14 de octubre de 2014
Artistas do Faladoiro no Salón do Outono de París
Os artistas do faladoiro Pataca J. Mendez (non sabemos se acude baixo este nome ou outro), Ramón Conde e Alfonso Rivero de Aguilar, xunto do escultor Óscar Aldonza; todos eles coordinados por Cristina Carballedo, participan na edición actual do Salón
internacional de Outono de Paris 2014. Estes artistas expoñen as súas obras nesta edición despois de ser seleccionados no Salón Internacional de otoño de Sarria 2013. Nas fotos podemos ver algunha das obras expostas naquel momento.
Mañán día 15 será a inauguración e permanecerá aberto ao publico desde o 16 ao 19 de outubro
de 2014.
Desexámoslle moito éxito neste salón que se creou en octubre de 1903 e ten contado con figuras de gran relavancia como Matisse, Cezanne, Gauguin,
Picasso, etc...
Quen nos dera en París!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Etiquetas:
Exposicións,
Faladores do Pataca
viernes, 10 de octubre de 2014
Alfonso Rivero de Aguilar na Casa de Galicia en Madrid
O día 2 de outubro inaugurouse a exposición "Miradas de autor" de Alfonso Rivero de Aguilar na Casa de Galicia en Madrid.
Esculturas en pequeno formato realizadas en ónix, serpentina, mármore de griotte, granitos, cuarcitas e calcitas, lousas e madeira.
Juan Barreto, Fátima Rueda e Luís de las Cuevas formaron parte do grupo de artistas e amigos que o acompañaron.
Aínda que o Faladoiro non poida desprazarse a Madrid, estamos encantados de que alí se vexa a obra dos nosos artistas.
Etiquetas:
Exposicións,
Faladores do Pataca
lunes, 29 de septiembre de 2014
O Faladoiro do viño e as súas obras, a través de tres creadores.
Etiquetas:
Andreas Ruiz,
Camilo Seira,
Exposicións,
Faladores do Pataca,
Vicente Ruíz
lunes, 22 de septiembre de 2014
Obras e artistas viaxan a Vilanova da Cerveira
Invitación á exposición
Na galeria Cortizo, da República das Artes, situou a comisaria Cristina Carballedo, a obra de varios artistas baixo o tema ” Atlanticos”.
Na galeria Cortizo, da República das Artes, situou a comisaria Cristina Carballedo, a obra de varios artistas baixo o tema ” Atlanticos”.
Alí estaban Alexandro, Paco Pestana, Antón Sobral, Julio Sanjurjo, Veiras Manteiga, Mila Vázquez, Ramón Conde,
Enrique Tenreiro e Alberto Gulias.
Moi boas galerías dentro dun proxecto expositivo que recolle variedade e calidade. Un lugar a ter en conta dentro dunha vila que estaba de bienal e de feira, coas rúas engalanadas de crochet e a beira do río tomada polas jhaimas.
Portugal ben vale unha e un centor de visitas.
Grazas a Cristina por levarnos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Etiquetas:
escultura,
Exposicións,
pintura
Arte a moreas en Vilanova da Cerveira
Na imaxe a peza de Andreas
Cristina Carballedo ven de orga nizar unha expsoción de artistas galegos en Vilanova da Cerveira, República das Artes.
Una delas xira arredor do Rectángulo de Ouro ou canon, e nela participan Xaquín Chaves, Alvaro, Fernando Yañez, J. Méndez, Oscar Aldonza, Camilo Seira e Andreas Ruíz.
Un par de salas onde mostrar o bo facer de pintores e escultores.
Etiquetas:
escultura,
Exposicións,
pintura
jueves, 18 de septiembre de 2014
Faladoiro do viño en setembro
No Pazo do Faramello, e no mes de vendima, realizarase esta exposición na que participan Vicente Ruíz, Carita Dubronin, Andreas Ruíz, Alfonso Rivero de Aguilar, Camilo Seira, J. Méndez, Ramón Conde, Pilar Feas e Simion Craciun.
O tema será o viño, as obras exporanse na adega do pazo e tomaremos un viño para animar a conversa e iluminar a mirada.
O Faramello é un lugar "amigo" do faladoiro ao que xa ten acudido noutra ocasión, tal como se recolle neste blog.
O tema será o viño, as obras exporanse na adega do pazo e tomaremos un viño para animar a conversa e iluminar a mirada.
O Faramello é un lugar "amigo" do faladoiro ao que xa ten acudido noutra ocasión, tal como se recolle neste blog.
Etiquetas:
Exposicións,
Faladores do Pataca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























