Pola antiga prisión preventiva de Sarria, no claustro do convento da Magdalena e na abadía de Samos andan as obras dos nosos artistas, compartindo espazo cos franceses e os doutras nacionalidades. Non se pode dicir que non sexamos internacionais!
A arte luce máis cando se sitúa entre arte, cando o contenedor é fermoso e equilibrado.
Por iso, nos gustou tanto percorrer eses lugares entre as obras da nosa xente, aínda que sempre hai ausencias que botamos de menos.
Sarria está acolledora; o casco vello no alto, o río poñendo a banda sonora e o frescor, a arte ocupando os espazos que lle son propios...























